No vaivén escorredizo das ondas do atlántico, como un ancel nos beizos da súa presa, mantense un fado xordo amarrando o pensamento. Miramos sen ver, lamentamos non entender. Esnaquizamos balaríns sen pés, que non escoitan a música, móvense por automatismo.
Que ves? que escoitas? Simples ondas do atlántico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

Moi hipnótico ó principio, pero logo o barullo faino un pouco molesto... o mellor é o que buscabas. Que é exactamente a imaxe?
ResponderEliminarEstou de acordo con Manu: hipnótico é a palabra aínda que non entendo moi ben por que elixiches poñerlle esa banda sonora...
ResponderEliminarA imaxe é: unha cámara web enfocando a pantalla blanca dun ordenador e en fronte á camara un foco de luz.
ResponderEliminarNon quería explicar de onde provinha a imaxe pero sí que xogaba con elementos tecnolóxicos.
A banda sonora non é máis que ruido, non pretendía que se identificasen as cancións, a elección fíxose en conforme a ter diversidade e que a propia imaxe "embaucada" co fin de comunicar acabase bailando ó son dese ruido que é a falta de entendemento coa tecnoloxía...
O baile de cores está moi ben pero... abandoar o branco/negro tan preto do final? Pode que o separe formalmente da liña seguida ata aquí
ResponderEliminar