martes, 11 de mayo de 2010

Interferencias

Marcamos confusos o número da salvación. A clave da comunicación entre liñas abre mundos paralelos o sencillo cara a cara. Esquencemos o valor dos movementos, dos xestos; só escoitamos ós tratantes de valimento ó outro lado da conexión. Triunfou o arte do engano, xa vostede sabía que era unha lenda possuir miradas e vidas extrañas.

Xordos cun tono.



lunes, 3 de mayo de 2010

Ollo de vidro

No vaivén escorredizo das ondas do atlántico, como un ancel nos beizos da súa presa, mantense un fado xordo amarrando o pensamento. Miramos sen ver, lamentamos non entender. Esnaquizamos balaríns sen pés, que non escoitan a música, móvense por automatismo.
Que ves? que escoitas? Simples ondas do atlántico.




domingo, 25 de abril de 2010

Suxestiono movemento

Borregos prodigan. Impresos en tinta recollen falabaratos, cantamañáns e sen quehaceres. Crítica sen fundamento. Tatuaxes mentais sobre ríos e cabos, historia, filosofía...e consellos vanais.

Convencións verticais

Se cadra non esaxeraba, porque: nin de esquerda a dereita, nin de dereita a esquerda. Este enxendro de ser humano con cerebro intelixente e pulgar retroactible non segue as reglas culturais establecidas por automatismo. Suxeito polas cordas dun monicreque asemellaba estar no noso rumbo. Abandonounos. Pronto o descubriremos; citaremos ó comité.

Descripción:

  1. Non recoñece as imaxes dos seres semellantes a el.
  2. Lectura vertical, de abaixo a arriba.
  3. Nivel alto en escapatorias narcisistas.

domingo, 11 de abril de 2010

Vixilia expresiva

Somos realidades que se desmoronan por momentos cando a mensaxe non é transmitida ó seu televidente. O borrado proposto para o noso cerebro permite enmascarar a legibilidade dos poucos fíos das ideas que lle sobreviven. E vive sen vivir en nós pero confúndenos ata facernos calar.

miércoles, 31 de marzo de 2010

Pretendemos cada mañán sintonizarnos, ó erguernos como un ser diferente con novas miras logo de soños intranquilos. Buscamos historias de amor trabucandonos no camiño coa soidade e intranquilidade. Oimos sen escoitar, falan sen expresar. NON existe impronta persoal se non atopamos canle que nos defina.

Metamorfose alienadora

Entre nós, a metamorfose alienadora, ese especimen disfrazado de criterio televisivo que nos engancha ó proxector.Este animal atopa o seu espacio-tempo na cotidianidade, o buraco polo que se accede ó horror, o horror da perda da conciencia. Expresión? Automatismo?