domingo, 25 de abril de 2010

Suxestiono movemento

Borregos prodigan. Impresos en tinta recollen falabaratos, cantamañáns e sen quehaceres. Crítica sen fundamento. Tatuaxes mentais sobre ríos e cabos, historia, filosofía...e consellos vanais.

Convencións verticais

Se cadra non esaxeraba, porque: nin de esquerda a dereita, nin de dereita a esquerda. Este enxendro de ser humano con cerebro intelixente e pulgar retroactible non segue as reglas culturais establecidas por automatismo. Suxeito polas cordas dun monicreque asemellaba estar no noso rumbo. Abandonounos. Pronto o descubriremos; citaremos ó comité.

Descripción:

  1. Non recoñece as imaxes dos seres semellantes a el.
  2. Lectura vertical, de abaixo a arriba.
  3. Nivel alto en escapatorias narcisistas.

domingo, 11 de abril de 2010

Vixilia expresiva

Somos realidades que se desmoronan por momentos cando a mensaxe non é transmitida ó seu televidente. O borrado proposto para o noso cerebro permite enmascarar a legibilidade dos poucos fíos das ideas que lle sobreviven. E vive sen vivir en nós pero confúndenos ata facernos calar.